Lugo acolle un combate de pintura mural

O Festival Culturban terá lugar o sábado 31


Lugo

A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, e o artista local Iago Eireos (espazo LUPA Arte), presentaron o festival de arte Culturban, unha mostra de arte urbana que propón explorar a contorna urbana a partir de intervencións artísticas que transformen a cidade. «O obxectivo é conseguir un Lugo vangardista, participativo e amable, ao mesmo tempo que damos a oportunidade aos artistas locais para que colaboren na decoración da cidade», explicou Ferreiro. «Trátase dunha fórmula de interacción global coa cidade e cos seus barrios, tanto a nivel urbanístico como social», declarou a concelleira, e engadiu que se trata «dunha experiencia única, xa que durante todo o proceso creativo se usarán as rúas, como taller de traballo, lenzo e galería». O Culturban comezará o sábado 31 cun combate de pintura mural ao aire libre con dez participantes, que serán seleccionados conforme á súa traxectoria artística, e terán ata o día 28 para anotarse. Os artistas elixidos saberán o 29 a ubicación do evento, e o día do combate anunciaráselles a temática para o mural que deberán realizar. O certame terá lugar entre as 9.00 e as 18.00 horas. O xurado escollerá 3 gañadores, con premios de 1.000, 700 e 300 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Lugo acolle un combate de pintura mural