-Que opinión ten das cámaras dos móbiles?
-Onde estea unha boa cámara réflex... eu de feito o móbil case non o uso, cada vez menos, e tamén que quitei dos selfies.
-En que outros proxectos está traballando?
-Estou con dous. Por unha banda, «Resistencia», no que traballo sobre unha serie de personaxes de Lugo que para min teñen algo en común, que é construír un universo particular ao seu arredor, así que estou visitando a súa contorna, talleres.... E, por outro, estou facendo un libro conxunto con Lois Pérez, de fotografía e poesía, sobre unha viaxe que fixemos antes da pandemia aos Estados Unidos, para ver os Stones.