Dez concertos devolven a música clásica á cidade

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Presentación del programa
Presentación del programa

A Real Filharmonía de Galicia inaugura o día 23 no Círculo das Artes o programa da Sociedade Filarmónica de Lugo

15 oct 2020 . Actualizado a las 13:14 h.

Dez concertos devolverán a música clásica á cidade da man da 74 tempada da Sociedade Filarmónica de Lugo. As actuacións incluirán orquestras, solistas e agrupacións de cámara, que ofrecerán os seus espectáculos ás 20.15 horas no Círculo das Artes, de outubro a maio, previa reserva (cunha antelación mínima de 48 horas) no 982 230 805 ou en filarmonicadelugo@gmail.com. A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, participou na presentación deste programa, lembrando a aposta da súa área polas actividades culturais seguras para reactivar o sector e agradecendo «o compromiso da sociedade Filarmónica por manter esta actividade xa consolidada no calendario cultural de Lugo».

A tempada retómase cos concertos adiados no inicio da crise, xunto con novas propostas de gran nivel galego, estatal e internacional. Inaugura o programa o concerto que ofrece o día 23 a Real Filharmonía de Galicia coa batuta do director Jan Willen de Vriend, cun repertorio dedicado a obras de W. A. Mozart, entre as que se inclúe a Sinfonía nº 40. Entre as agrupacións que participarán nos próximos concertos destacan o Dúo Cassadó (25 de novembro); o Ensemble Trifolium, significado na interpretación historicista e que cun programa baseado na música de Joao Pedro de Almeida actuará o 2 de decembro; o Ensemble 1700 dirixido por Daniel Pinteño, o 19 de decembro; e o 16 de xaneiro, o cuarteto de corda máis internacional do noso país: o Cuarteto Quiroga, que será protagonista do que será o concerto nº 700 da Sociedade Filarmónica de Lugo.