-O que máis tempo me leva é o deseño. Ademais, non fago grandes tiradas de ningún xoguete, uns catro ou cinco de cada modelo. E todas son pezas únicas, sempre introduzo algún toque diferente.
-Que valora o público nestas pezas?
-Estou moi contento porque hai un público que valora moito este traballo. Ademais, elaboro xogos activos, que estimulen a mente, a lóxica e a destreza coas mans, porque busco que o protagonista sexa o neno, non o xoguete. A maioría dos meus clientes chegan polas feiras e mercados, pero tamén se poden achegar ao meu obradoiro a Quiroga e, ademais, teño habilitada a páxina web enxogate.es co catálogo de produtos e toda a información sobre prezos e a forma de contactar.