As entradas para os concertos poden solicitarse a través de Internet
07 oct 2020 . Actualizado a las 19:46 h.Un cartel galego polos catro costados. Así é a programación do San Froilán 2020, unha festa reconvertida en semana cultural que estará marcada pola música e o retorno dos caldeiros de polbo á rúa.
A Concellería de Cultura, que dirixe Maite Ferreiro, fixo público este mércores a programación completa das actividades, que comezaron o domingo e rematarán o luns 12. Haberá concertos; propostas para os máis pequenos; a Letra das Festas, organizada pola Asociación de escritoras e escritores en lingua galega; un novo San Froilán dos devanceiros, cun texto de Adolfo de Abel Vilela sobre a Exposición rexional de 1896; así como a ofrenda no parque de Rosalía, a cargo de Mónica Alonso. Tamén o San Froilán Asociativo, o Arte San Froilán e a feira de antigüidades.
As propostas son múltiples e variadas, pero a axenda de cada día está marcada sobre todo pola música. Ademais de pasarrúas, haberá concertos en seis recintos (os escenarios estarán na Ponte Romana, Castiñeiro, Agro do Rolo, Augas Férreas, Camiño Primitivo e Horta do Seminario) para os que será preciso retirar entrada previamente. Os boletos, que serán gratuítos, poderán reservarse dende este xoves a través da web entradaslugo.es ou na oficina municipal de turismo.
Cada usuario poderá retirar dúas entradas para cada actividade, e estas terán validez ata 15 minutos antes da hora oficial de comezo do espectáculo. Chegado ese momento, as entradas deixarán de ter validez e completarase o aforo do recinto coas persoas que agarden cola para poder acceder.
Seguridade nos concertos
Unha vez dentro do recinto, logo do uso de xel hidroalcohólico, será obrigatorio respectar as distancias de seguridade e usar máscara. No caso de que alguén abandone o recinto, non poderá acceder a el de novo e a súa cadeira non será ocupada, por cuestións de hixiene. Para o San Froilán Miúdo os usuarios poderán retirar ata tres entradas por actividade. As actividades infantís terán lugar no patio do edificio administrativo, no antigo Seminario Menor.
Dende o Concello lembran que, en caso de que a situación epidemiolóxica empeorase, en calquera momento se poderían suspender as actividades, posto que o primeiro será o criterio sanitario.
SEMANA CULTURAL DO SAN FROILÁN.
Domingo 4 de outubro Lugar
11.00 h Feira antigüidades e coleccionismo. Todo día Rúa da Raíña
12.30 Pregón Tonina Gay Salón de plenos
13.00 Os Pelúdez entre nós no pregón Salón de plenos
13.00 Concerto itinerante Brassica Rapa + cabezudos Casco histórico
18.00 Pasarrúas Abrente Milagrosa
18.00 Pasarrúas Treboada Augas Férreas
18.00 Pasarrúas Legua Dereita Castiñeiro
18.00 Pasarrúas Raíces do Campo Recinto histórico
20.00 Espazo hip hop Agro do Rolo
20.00 Concerto itinerante Brasicca Rapa Casco histórico
21.00 Concerto Boyanka Kostova Ponte Romana
21.00 Concerto Emilio Rúa e Rosa Cedrón Augas Férreas
21.00 Concerto Zeltia Castiñeiro
21.00 Concerto Monqup Camiño Primitivo
21.00 Concerto Broken Peach Horta do Seminario
- Luns 5 de outubro
11.00 h Feira antigüidades e coleccionismo. Todo día Rúa da Raíña
12.00 Os Pelúdez na Prraza Maior Recinto histórico
12-20.00 Cultura e tradición no Camiño IV Cantiño Nemesio Cobreros
13.00 Concerto itinerante Tambukada Ponte Romana
13.00 Concerto Sud-Ak`s Recinto histórico
13.00 Concerto Forget La France Castiñeiro
13.00 Concerto Dana Augas Férreas
13.00 Concerto Untides Agro do Rolo
13.00 Concerto Picurruchos Camiño Primitivo
13.00 Concerto Wealman Horta do Seminario
18.00 Pasarrúas Biouteiro Astelu Fontiñas
18.00 Pasarrúas Son de Lugh A Milagrosa
18.00 Pasarrúas Reviravolta Ponte Romana
18.00 Pasarrúas Foliada de Bosende
18.00 Pasarrúas Os Xílgaros de Lugo Recinto histórico
20.00 Concerto itinerante Tambukada + cabezudos Casco histórico
21.00 Concerto Monqup Ponte Romana
21.00 Concerto Boyanka Kostova Castiñeiro
21.00 Concerto Vervena Galega d´Antes Agro do Rolo
21.00 Concerto Broken Peach Augas Férreas
21.00 Concerto Zeltia Camiño Primitivo
21.00 Concerto Emilio Rúa e Rosa Cedrón Horta do Seminario
- Martes 6 de outubro
12-20.00 Cultura e tradición no Camiño IV Cantiño Nemesio Cobreros
18.00 Pasarrúas Xaora Recinto histórico
18.30 A letra das Festas Deputación
21.00 Concerto Lacón con Grelos Ponte Romana
21.00 Concerto Galiryon Castiñeiro
21.00 Concerto Rachel & The Blue Batons Augas Férreas
21.00 Concerto David Prado Agro do Rolo
21.00 Concerto Patuk Band Camiño Primitivo
21.00 Concerto Adrián Vigo Horta do Seminario
- Mércores 7 de outubro
12-20.00 Cultura e tradición no Camiño IV Cantiño Nemesio Cobreros
18.00 Pasarrúas Xaora Recinto histórico
21.00 Concerto Kalte Sonne Ponte Romana
21.00 Concerto Branca Villares e Pablo Pintor Castiñeiro
21.00 Concerto Skintight Augas Férreas
21.00 Concerto Volta do Agro Agro do Rolo
21.00 Concerto West Side Bones Camiño Primitivo
21.00 Concerto Por mi swing Horta do Seminario
- Xoves 8 de outubro
12-20.00 Cultura e tradición no Camiño IV Cantiño Nemesio Cobreros
18.00 Pasarrúas Cantigas e Frores Recinto histórico
20.30 Exposición Adra Pallón O Vello Cárcere
21.00 Concerto Arrhytmia Ponte Romana
21.00 Concerto Conducto Coloquio Castiñeiro
21.00 Concerto The Foolmakers Augas Férreas
21.00 Concerto El Nahual Agro do Rolo
21.00 Concerto Jorobados del Miño Camiño Primitivo
21.00 Concerto Leilía Horta do Seminario
- Venres 9 de outubro
12-20.00 Cultura e tradición no Camiño IV Cantiño Nemesio Cobreros
18.00 Pasarrúas Nubeiro Recinto histórico
19.00 Sanfroidance Camiño Primitivo
20:30 San Froilán dos devanceiros O Vello Cárcere
21.00 Concerto La Penúltima Ponte Romana
21.00 Concerto IV Concurso Miss Deusa Castiñeiro
21.00 Concerto Leilía Augas Férreas
21.00 Concerto Tito Ramírez Agro do Rolo
21.00 Concerto De Vacas Horta do Seminario
- Sábado 10 de outubro
11.00 h O San Froilán Tecedeiro Rosalía de Castro
12-20 h Cultura e tradición no Camiño IV Cantiño Nemesio Cobreros
13.00 Recepción corporación Concello de Ferrol Salón de plenos
13.00 Concerto itinerante Som do Lilá + cabezudos Recinto histórico
13.00 Concerto Pingarela Ponte Romana
13.00 Concerto Caivanca Castiñeiro
13.00 Concerto Berta Franklin Augas Férreas
13.00 Concerto Zuma Camiño Primitivo
13.00 Concerto Lagarto Zulú Horta do Seminario
17.00 O San Froilán Tecedeiro Rosalía de Castro
18.00 Pasarrúas Abrente Fontiñas
18.00 Pasarrúas Os Xardois A Milagrosa
18.00 Pasarrúas Nubeiro Ponte Romana
18.00 Pasarrúas Tira pa Diante Augas Férreas
18.00 Pasarrúas Son de Lugh Recinto histórico
20.00 Sanfroidance Agro do Rolo
21.00 Festival de Cultura Tradicional Augas Férreas
21.00 Concerto De Vacas Ponte Romana
21.00 Concerto Tito Ramírez Castiñeiro
21.00 Concerto Caamaño & Ameixeiras Camiño Primitivo
21.00 Concerto Vervena Galega d´Antes Agro do Rolo
21.00 Concerto Verto Horta do Seminario
- Domingo 11 de outubro
11.00 h Feira antigüidades e coleccionismo. Todo día Rúa da Raíña
11.00 h O San Froilán Tecedeiro Rosalía de Castro
11.00 h Mini San Froilán Asociativo Praza Maior
11.30 h Mostra de música tradicional Recinto histórico
12-20.00 Cultura e tradición no Camiño IV Cantiño Nemesio Cobreros
12.30 h Ofrenda florar a Rosalía Parque de Rosalía
13.00 Concerto Mixtape Ponte Romana
13.00 Concerto Una mesa para dos Castiñeiro
13.00 Concerto Raiceira Augas Férreas
13.00 Concerto Minton´s Jazz Agro do Rolo
13.00 Concerto Queen Pro Quo Camiño Primitivo
17.00 O San Froilán Tecedeiro Parque de Rosalía
19.00 Os Pelúdez entre nós Recinto histórico
20.00 Mostra de música tradicional galega A Milagrosa
21.00 Concerto Verto Ponte Romana
21.00 Concerto Caamaño & Ameixeiras Castiñeiro
21.00 Concerto A banda da Loba Augas Férreas
21.00 Concerto Moura Agro do Rolo
21.00 Concerto Angélica Salvi Camiño Primitivo
- Luns 12 de outubro
11.00 h Feira antigüidades e coleccionismo. Todo día Rúa da Raíña
13.00 Concerto itinerante Fanfarria Taquicardia Recinto histórico
13.00 Concerto Holy Danm Ponte Romana
13.00 Concerto Vía Per Loka Castiñeiro
13.00 Concerto Man de Santo Augas Férreas
13.00 Concerto Sound Sisters Agro do Rolo
13.00 Concerto Old Grads Camiño Primitivo
13.00 Concerto Vrásica Horta do Seminario
18.00 Pasarrúas Reviravolta Fontiñas
18.00 Pasarrúas Arrincadeira Folk A Milagrosa
18.00 Pasarrúas As Vikingas Ponte Romana
18.00 Pasarrúas Os Trastiños de Castelo Castiñeiro
18.00 Pasarrúas Os Valuros Recinto histórico
20.00 Concerto itinerante Fanfarria Taquicardia Recinto histórico
21.00 Concerto Candorka Ponte Romana
21.00 Concerto Xoana Castiñeiro
21.00 Concerto Moura Augas Férreas
21.00 Concerto A banda da Loba Agro do Rolo
21.00 Concerto Margarida Mariño Camiño Primitivo
21.00 Concerto Bruno Villamor e convidados Horta do Seminario