Pecha a escola infantil Gregorio Sanz polo contaxio dunha educadora

María Guntín
María Guntín LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Educación pecha a escola Gregorio Sanz polo contaxio dunha profesora
Educación pecha a escola Gregorio Sanz polo contaxio dunha profesora OSCAR CELA

O resto de traballadores da escola serán sometidos a probas PCR

25 sep 2020 . Actualizado a las 17:24 h.

A Concellería de Educación decide pechar a escola infantil municipal Gregorio Sanz polo contaxio dunha educadora, polo que este venres as familias foron informadas desta nova medida. O edil responsable da área, Felipe Rivas, explicou que os protocolos que seguen os profesionais destes centros "permiten confirmar que as posibilidades de contacto coas crianzas foron moi pequenas" e reitera que esta decisión se produce por "responsabilidade".

Dende o Concello aseguran que dende que se confirmou o contaxio mantiveron contacto continuo coas autoridades sanitarias para proceder segundo as súas indicaciones. 

O resto de traballadores da escola serán sometidos a probas PCR para descartar unha maior incidencia do virus na instalación e a edificación será sometida a unha desinfección seguindo os protocolos do Concello de Lugo.