GaliciaDigital xa ofrece 200 libros de xeito gratuíto

Suso Varela Pérez
suso varela LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

Páxina web de GaliciaDigital
Páxina web de GaliciaDigital

Pódense consultar volume s esgotados ou inéditos

18 sep 2020 . Actualizado a las 10:55 h.

GaliciaDigital, con sede en Lugo desde hai máis de vinte anos, decidiu hai algo máis de catro anos publicar libros esgotados ou inéditos, «dos que nin os seus autores nin nós tiñamos intereses comerciais, para poñelos ao dispor dos posibles interesados, independentemente do lugar onde residan, de xeito que de maneira gratuíta e inmediata o libro quedaba a dispor xeral, contribuíndo á súa difusión, en complicidade con quen o creou e co interesado que pode lelo e imprimilo».

Cunha periodicidade aproximada dun libro por semana, «démonos conta de ter chegado aos 200 volumes, de xeito que o noso catálogo,

medrando sen présa pero sen pausa, ten no albor do outono de 2020 unha oferta xa ampla de poesía ou prosa, de ensaio ou reportaxe, en galego ou castelán, totalmente gratuíta; para todos e para sempre», sinalan desde a web literaria.

Desde GaliciaDigital queren deixar constancia de agradecemento «sen límites a autores e autoras que nos autorizan a reproducir as súas obras, e igual recoñecemento para todos os internautas que cada día entran na Biblioteca Virtual de GaliciaDigitalpara descubrir publicacións, antigas ou novísimas, que forman parte esencial da nosa oferta/achega á infraestrutura dixital do país».

Para recibir máis información: http://bibliotecavirtual.galiciadigital.com/