Coches de alta gama de Holanda que circulan ilegalmente por Lugo

A Policía Local atopa catro vehículos que só tiñan permiso dun día e para transitar por Paises Baixos

Uno de los coches de alta gama que estaban estacionados en Lugo sin permiso
Uno de los coches de alta gama que estaban estacionados en Lugo sin permiso

lugo

Durante a fin de semana a Policía Local de Lugo estableceu varios  filtros de seguridade viaria, detectando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo, na tarde do venres día 11, catro vehículos de alta gama con matrícula temporal holandesa na Rúa Outono, traídos a España desde Bélxica.

O que chamou a atención aos axentes foi que ditas placas solicítanse para realizar calquera xestión administrativa co vehículo, por exemplo para pasar a ITV cando está dado de baixa temporal, sendo válidas durante un só día e a súa utilización circunscríbese exclusivamente ao territorio holandés, non podendo en ningún caso, o vehículo que as porte, circular por ningún outro país.

«A combinación alfanumérica da matrícula obtense gratuitamente a través de Internet e mesmo se pode imprimir un permiso de circulación temporal desde calquera impresora, carecendo de calquera medida de seguridade, podendo ser acuñadas en calquera taller sen ningún tipo de autorización especial, sen que presenten ademais código de homologación, sendo utilizadas nalgúns casos para, a través de Holanda, trasladar a outros países vehículos roubados e, posteriormente matriculalos nos países de destino», explican desde a Policía Local de Lugo.

Os titulares non presentan documentación algunha correspondente ás placas que portan os vehículos, carecendo ademais de Seguro Obrigatorio de Automóbiles (SOA), motivo polo cal foron denunciados pola carencia de permiso de circulación e SOA e retirados polo guindastre municipal ao depósito onde quedan inmobilizados ata que se regularice a súa situación en España. «Estes vehículos só poderán ser retirados por aqueles que acrediten ser os seus propietarios e previa matriculación en España, sen prexuízo das investigacións que levarán a cabo para confirmar que a procedencia destes vehículos sexa lícita, a través mesmo, se fose necesario, de INTERPOL.

 Alcoholemias que causaron accidentes

Por outra parte, dentro dos controles de seguridad viaria, ás 0.15 horas do día 12 unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo, sorprende a un condutor na rúa  Montirón, que ao ser sometido ás probas de detección alcohólica arroxou un resultado positivo de 0,63 mg/ l, polo que se abre expediente sancionador con multa de 1.000 euros e a retirada de 6 puntos do permiso de condución.

Tamén, ás 2.40 horas do mesmo día prodúcese un accidente na rúa Tui, comprobando que se trata dun choque dun turismo contra dous estacionados, presentando os condutor signos de acharse baixo os efectos de bebidas alcohólicas polo que é sometido ás probas regulamentarias, arroxando un resultado positivo de 0,93 mg/ l (case catro veces máis do permitido), instruíndose dilixencias pola Unidade de Atestados da Policía Local de Lugo por delito contra a seguridade viaria.

 Ás 1,45 horas do día 13 de setembro/20, unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo detecta un condutor na Avenida da Coruña que presenta signos de embriaguez, sendo sometido ás probas de detección alcohólica arroxando un resultado positivo de 0,90 mg/ l, comprobando ademais que presenta unha perda de vixencia do permiso de condución por perda total dos puntos asignados, polo que se instrúen dilixencias por ambos os delitos contra a seguridade viaria.

Incluso, no transcurso do rexistro ao que foi sometido o condutor achouse no seu poder un anaco de hachis de 0,5 gramos, sendo intervido e levantando acta por infracción á Lei Orgánica de Protección da Seguridade Cidadá para a súa remisión á Subdelegación do Goberno.

 Desde a Policía Local de Lugo explican que este condutor, polo delito de conducir cunha taxa de alcol en aire expirado superior a 0,60 mg/ l, pode ser castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de seis a doce meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días, e, en calquera caso coa de privación do dereito para conducir vehículos de motor e ciclomotores por tempo superior a un e ata catro anos.

E polo delito  de conducir coa perda de vixencia do permiso por perda total dos puntos asignados, pode ser castigado coa pena de prisión de tres a seis meses ou coa de multa de doce a vinte e catro meses ou coa de traballos en beneficio da comunidade de trinta e un a noventa días.Pola infracción de tenencia ilícita de drogas, pode levar aparellada unha multa de 601 ata 30.000 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
10 votos
Comentarios

Coches de alta gama de Holanda que circulan ilegalmente por Lugo