Reabren con seguridade os Cines Códex de Lugo

O 4 de setembro proxetarase o documental sobre Moncho Reboiras, coa presenza do seu director, Alberte Mera

Día da inauguración dos cines Códex de Lugo
Día da inauguración dos cines Códex de Lugo

lugo

Codex Cinema, as salas de cine de autor en Lugo, retomará as súas proxeccións o próximo venres día 4 de setembro coa proxección do filme «Reboiras. Acción e corazón», un retrato do activista nacionalista asasinado nos días finais da ditadura franquista. Este orixinal filme, que inclúe testemuñas de protagonistas directos daquel momento con reconstrucións dos feitos, estará acompañado da presentación do propio director Alberte Mera nos pases das seis e das oito da tarde, acompañados por un coloquio-debate posterior. O filme é unha nova proposta do cinema galego coa que seguimos apoiando os filmes feitos na nosa terra, filmados en galego e que seguirán sendo protagonistas das nosas pantallas nos próximos meses.

Acompañando este filme, que xa se presentou en Compostela e Ferrol con grande éxito, terá a súa estrea absoluta «Las niñas», o último éxito do cinema español, na liña da investigación emocional e crítica do pasado a partir das experiencias da infancia que xa amosou con grande acerto «Estiu 1993», de Carla Simón.

«Las niñas» é a primeira longa de Pilar Palomero, que xa tivo a súa presentación no último Festival de Berlín no pasado mes de febreiro e que viu adiada a súa estrea por mor das restricións da Covid-19.

Por último, anuncian desde Códex que terán sesións especiais do filme «Cinema Paradiso», o clásico de Giuseppe Tornatore, toda unha homenaxe á historia do cinema e a pegada que o sétimo arte ten na nosa experiencia vital. 

«Esta volta ás salas coincidiu co pasamento do mítico Ennio Morricone, un dos maiores compositores de toda a historia do cinema, así que a nosa recuperación serve de homenaxe a esta figura imprescindible da música. Unha película máxica para volver a desfrutar na gran pantalla», sinalan desde Códex.

Medidas covid-19

Debido ás medidas de sanitarias de contención da covid-19, «as nosas salas se adaptaron para cumprir as esixencias obrigadas. A partir de agora o acceso ás billeteiras estará delimitado e controlado para que non haxa acumulación de persoas, así como o acceso ás salas que só será posible cando así o indique o persoal do cinema. Nas salas haberá que gardar unha distancia dunha butaca e cunha fila de separación, polo que as entradas serán numeradas, e será imprescindible o uso da máscara para acceder».

Nos vindeiros días a empresa ofrecerá máis información ao respecto sobre estas medidas e sobre a programación e horarios.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Reabren con seguridade os Cines Códex de Lugo