A liña 12 recupera o seu percorrido habitual en Lugo co inicio do curso universitario

la voz LUGO

LUGO CIUDAD

Imaxe de arquivo dun dos autobuses urbanos que realiza este traxecto
Imaxe de arquivo dun dos autobuses urbanos que realiza este traxecto cedida

Durante os últimos meses, este bus reforzou a liña 9 debido ao aumento de viaxes cara ao polígono do Ceao

27 ago 2020 . Actualizado a las 16:58 h.

O tenente de alcalde e responsable da área de Mobilidade e Infraestruturas do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, informou que, co canto do inicio do curso universitario e dada a necesidade de comunicar novamente o Campus Terra co resto da cidade, a liña 12 volverá a realizar a partir do próximo mes o seu percorrido habitual. «Este bus dedicouse desde abril, durante a crise sanitaria, a reforzar a conexión entre a cidade e o polígono do Ceao, debido á redución de cabida nos buses e ao aumento de demanda deste traxecto», lembrou Arroxo.

«En previsión do inicio do curso universitario, vólvese necesario retomar a combinación entre a cidade e as facultades», afirmou o nacionalista, que engadiu que «a liña 12 volverá unirse ás liñas 1, 1A e 7 para realizar este percorrido moi utilizado, tanto polo persoal como polas estudantes da universidade».

Do mesmo xeito, o tenente de alcalde animou a todas as persoas que vaian estudar en Lugo este curso a facer a tarxeta cidadá «para reducir o contacto entre o persoal e as usuarias do transporte público e reducir riscos ante os posibles rebrotes».  Ademais, Arroxo lembrou que o prezo do billete se reduce de 0,64 euros a 0,45 ou 0,19 no caso dos transbordos. «Estes prezos poden baixar aínda máis no caso de ter dereito a algunha bonificación, ocorre coas estudantes, que pagan só 0,31 euros por billete», declarou o concelleiro. Para obter a tarxeta, tan só é preciso cubrir o formulario 101 na web do Concello e pagar a taxa correspondente nunha oficina de Abanca.