A reforma do soto da Praza de Abastos de Lugo sae mañá a concurso

LA VOZ LUGO

LUGO CIUDAD

Interior da Praza de Abastos de Lugo
Interior da Praza de Abastos de Lugo ALBERTO LÓPEZ

O procedemento parte cun presuposto de 650.000 euros e un prazo de execución de catro meses

11 ago 2020 . Actualizado a las 16:40 h.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza de Lugo, Cristina López, informou que a Xunta de Goberno aprobará mañá o proxecto para a reforma do soto da Praza de Abastos. Segundo dixo a nacionalista, mañá abrirase o procedemento de licitación, que agardan realizar «no menor espazo de tempo posíbel», co obxectivo de que «toda a veciñanza poida desfrutar da renovación completa das instalacións canto antes».

A reforma sairá a concurso cun orzamento base de 650.000 euros, e o prazo de execución das obras será de catro meses. Cristina López recoñeceu querer facilitar aos lugueses a posibilidade de «consumir produtos coa calidade e a atención personalizada» que ofrecen os mercados da cidade, ao mesmo tempo que puxo en evidencia o compromiso do goberno municipal comercio local.