A área de Mobilidade rebaixa na cidade de Lugo 35 pasos de peóns

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Obras para rebaixar 35 pasos de peóns de toda a cidade de Lugo
Obras para rebaixar 35 pasos de peóns de toda a cidade de Lugo CEDIDA

As obras para mellorar a seguridade urbana adxudicáronse por un total de 30.200 euros

27 jul 2020 . Actualizado a las 19:36 h.

O concelleiro de Mobilidade, Rubén Arroxo, informou onte da realización de 35 rebaixes nos acesos a pasos de peóns de toda a cidade. As obras para aliviar o desnivel e garantir unha maior seguridade na conexión entre a calzada e a aceira adxudicáronse por un total de 30.200 euros.

Segundo declarou o tamén tenente de alcalde, esta era «unha actuación necesaria para favorecer a accesibilidade», xa que permite eliminar barreiras arquitectónicas en distintos puntos da cidade de Lugo.

Arroxo informou de que «estanse a realizar rebaixes en rúas nas que ata o de agora non se realizara ningunha acción deste tipo».

Rúas por toda a cidade

En total están a efectuar 35 intervencións en pasos de peóns das rúas Cambria, Xulia Minguillón, Avenida da Coruña, Ramiro Rueda, Montero Ríos, Ronda das Fontiñas, Illas Canarias, Alfredo Brañas e Aquilino Iglesias Alvariño.

Rubén Arroxo afirmou que o goberno municipal traballa en distintos barrios da cidade, «en moitos casos en zonas nas que se levaba anos sen realizar ningunha actuación, mellorando a estética da zona e as condicións de vida da veciñanza».