O parque de Rosalía e Ramón Ferreiro, luxados polos estorniños

Os bancos próximos ao estanque dos patos presentan un estado lamentable

As defecacións dos estroniños tinguen de branco os bancos próximos ao estanque dos patos no parque de Rosalía
As defecacións dos estroniños tinguen de branco os bancos próximos ao estanque dos patos no parque de Rosalía

lugo / la voz

Cada certo tempo, a colonia estable de estorniños que hai na cidade de Lugo concéntrase nalgúns puntos da cidade e ocasiona molestias polos excrementos que depositan na rúa ou no mobiliario urbano, xerando así mesmo problemas de salubridade, ademais de inutilizar zonas comúns. Nos últimos días, esas molestias volveron repetirse nunha zona específica do parque de Rosalía e no bulevar de Ramón Ferreiro. De persistir, a concellería de Medio Rural que dirixe Álvaro Santos avanzou que tomaría medidas, aínda que estas nunca son lesivas para os paxaros.

Calquera lucense ou visitante que se achegue estes días ata a zona do estanque dos patos do parque de Rosalía de Catro atoparase que esa área está chea de excrementos de estorniños ata o punto de que é imposible sentar nos bancos alí situados, e o chan está cheo de defecacións e plumas. Co olor fedorento que os acompaña. Se se ergue a vista, o paseante atópase con que as follas das árbores dese espazo están tinguidas de branco das feces das aves. No caso dos bancos, percíbese claramente que levan días sen limpar, e os nenos, que soen acudir a ese punto para ver os animais, non teñen un espazo limpo no que xogar.

As follas das árbores tamén están tinguidas de branco nesa zona
As follas das árbores tamén están tinguidas de branco nesa zona

Outro enclave da cidade no que os excrementos dos estorniños ensombrecen a limpeza viaria é no bulevar de Ramón Ferreiro. A pesar de que na última semana se efectuou a limpeza de varias zonas do chan nas que os paxaros deixaran a súa particular pegada, aínda continúan noutros puntos da rúa e nalgúns bancos, restando atractivo a unha zona que nestes días de tanta calor está especialmente transitada por peóns que optan por camiñar á sombra dos plátanos. Os que queren sentarse un anaco á sombra deben escoller con coidado onde o fan, posto que algún deses bancos tampouco está limpos dabondo.

Que esta situación se dea no parque de Rosalía ou en Ramón Ferreiro non é accidental. Estes dous espazos, xunto co parque de Frigsa, na Milagrosa, son os durmideiros principais destas aves e onde se rexistran as concentracións puntuais de estorniños que se rexistran ao longo do ano. Este feito responde á busca que fan os paxaros de espazos nos que resgardarse dos rigores climáticos, buscar comida ou atopar refuxio en tempos de cría. Tanto nos parques de Rosalía como no de Frigsa ou en Ramón Ferreiro teñen como aliados a frondosidade arbórea que precisan.

 

En Ramón Ferreiro tamén hai zonas cheas de defecacións dos estorniños
En Ramón Ferreiro tamén hai zonas cheas de defecacións dos estorniños

As labores de dispersión

Cando, ao longo do ano, na cidade se dan situacións deste tipo nas que as concentracións de estorniños se converten en molestas para os veciños, póñense en marcha accións para dispersalos e que volvan aos seus niños habituais na capital. En ningún momento se reduce a colonia de animais, senón que se redistribúe para que pase inadvertida. Para iso, a empresa á que o Concello lle confiou esta tarefa recorre a dispositivos de son con sistemas de alarma fixos e móbiles e tamén a voos de aves rapaces que asustan aos estorniños, pero sen chegar a matalos, posto que non realizan prácticas agresivas nin se recorre a biocidas en ningún momento.

O resultado é que en cuestión de días a poboación de aves se reparte de novo e deixa de xerar molestias, que é o que se pretende dende o Concello, que polo momento non ten previsto tomar medidas máis drásticas cando se xeren situacións deste tipo.

A principios de ano, no parque de Frigsa, na Milagrosa, tamén se dera un caso semellante cos estorniños luxando toda a zona e deixando temporalmente inoperativos o parque infantil debido aos excrementos dos animais, que os luxaban.

A lectura positiva das concentracións das aves: implica boa saúde do ecosistema urbano

Todo pode ter unha dobre lectura. Mesmo algo tan incómodo como a presenza masiva de estorniños no centro da cidade. Neste caso, a cara amable sería que as concentracións de paxaros en pleno parque de Rosalía ou na avenida Ramón Ferreiro, en pleno centro da capital lucense, suxiren que ambas zonas teñen unha boa calidade do aire e son ecosistemas urbanos que gozan de boa saúde, posto que no caso contrario as aves buscarían outros destinos menos contaminados, explican dende Medio Ambiente.

O coidado pola biodiversidade do municipio, que por exemplo leva aparellado que non se erradique a presenza de estorniños na cidade, entroncan coa cidade verde e sostible que promulga o goberno de Lara Méndez.

As defecacións dos estroniños tinguen de branco os bancos próximos ao estanque dos patos no parque de Rosalía
As defecacións dos estroniños tinguen de branco os bancos próximos ao estanque dos patos no parque de Rosalía

Na cidade hai 22 enclaves catalogados como «durmidieros» ao longo de todo o ano

Na cidade de Lugo hai unha poboación estable de estorniños. Isto significa que ao longo do ano hai unha cantidade semellante de aves, pero só en momentos puntuais, cando se concentran en determinadas zonas, se percibe con claridade a súa presenza. Isto fai que o Concello de Lugo, a través dunha empresa especializada, leve adiante un control da poboación para que no derive nunha praga. A pesar disto, a presenza das aves vólvese incómoda en momentos determinados, obrigando a dispersalos e a intensificar as tarefas de limpeza, algo que se bota en falta estes días na zona do estanque no parque de Rosalía.

Os estudos que manexa o Concello de Lugo identificaron na cidade ata 22 enclaves catalogados como durmideiras de estorniños, é dicir, espazos nos que habitan de xeito habitual. Entre eles está o parque de Frigsa, o parque de Rosalía e Ramón Ferreiro, áreas nas que se producen as concentracións de aves en momentos puntuais do ano, como pasado Nadal en Frigsa, cando foi necesario intervir para evitar que fosen as máis as concentracións dos paxaros, que estaban xerando molestias á cidadanía e problemas de salubridade.

Los excrementos de los estorninos inutilizan los bancos en Lugo

M.D.C

El PP ha denunciado esta mañana que la falta de control de estas aves está causando molestias a los vecinos

El PP de Lugo ha reclamado esta mañana al gobierno local que mejore el aseo urbano en la avenida Ramón Ferreiro, además de una campaña de control de los estorninos en otras zonas de la ciudad. Denuncian que los excrementos de los pájaros cubren los bancos, algo que impide que los puedan utilizar, «ademais dos posibles riscos sanitarios».

La queja, alegan los populares, se hace extensiva a otras zonas de la ciudad como el parque de Frigsa o el de Rosalía de Castro. Piden desde el partido de Ramón Carballo, que se diseñe un plan de control de estas aves para evitar las molestias continuas que ocasionan a los lucenses.

Seguir leyendo

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

O parque de Rosalía e Ramón Ferreiro, luxados polos estorniños