Os veciños poden enviar as súas imaxes ao correo habilitado pola área de Cultura do Concello de Lugo
20 jul 2020 . Actualizado a las 15:09 h.A área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo organiza unha exposición virtual nas redes sociais do Vello Cárcere para conmemorar o seu aniversario. Segundo explicou o Tenente de Alcalde, Rubén Arroxo, «buscamos poñer en común a visión que a veciñanza de Lugo ten sobre unha peza da nosa historia como é o Vello Cárcere». O edificio cumpre este mes 133 anos da súa inauguración.
Dende a organización, habilitaron o enderezo de correo electrónico ovellocarcere@gmail.com para que os lugueses acheguen as súas imaxes e participen na iniciativa. A partir do xoves 23, data na que se celebra a inauguración do edificio, que tivo lugar no 1887, as súas redes sociais compartirán coa etiqueta #ExpoVirtualOVelloCárcere as fotografías recibidas.