As rúas de Lugo albergarán mercadillos durante xullo e agosto

LA VOZ LUGO

LUGO CIUDAD

Lara Méndez anuncia dous mercadillos de veran para o periodo estival
Lara Méndez anuncia dous mercadillos de veran para o periodo estival

O Concello pretende impulsar o comercio local e dinamizar os barrios lucenses

14 jul 2020 . Actualizado a las 13:15 h.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou a posta en marcha de dous mercadillos de rúa para este verán, o San Pedrín e A Milagrosiña. O Concello pretende con esta iniciativa incentivar a compra no comercio local durante os meses de xullo e agosto e dinamizar os barrios a través dunha programación que vén acompañada de sorteos e propostas lúdicas ao aire libre para todas as idades.

O mercadillo de San Pedrín, que se enmarca na Rúa San Pedro e na Praza do Campo Castelo, celebrarase todos os mércores a partir do día 15. Pola súa banda, A Milagrosiña, que se organiza na Milagrosa, está previsto para todos os venres a partir desta semana. 

Ademais, o Concello programou cos comerciantes actividades musicais, desfiles de moda ou premios para tratar de fomentar a participación da veciñanza, sempre cumprindo coas estrictas medidas de seguridade.

Así, na xornada inaugural de San Pedrín haberá música en directo e agasallos a partir das 17:30 horas, o 29 de xullo no mesmo horario actuará un dúo e o 26 de agosto durante todo o día haberá unha ruleta da fortuna para os lucenses que decidan xogar, entre outras actividades programadas. En A Milagrosiña, o día 17 haberá un taller de grafiti, mentres o 14 de agosto organizarán unha ginkana e o 28 unha festa da familia.