Convocado o 20º certame de pintura rápida Cidade de Lugo

LA VOZ LUGO

LUGO CIUDAD

Maite Ferreiro anunciou a convocatoria do 20º certame de pintura libre Cidade de Lugo
Maite Ferreiro anunciou a convocatoria do 20º certame de pintura libre Cidade de Lugo cedida

Celebrarase o vindeiro domingo, 19 de xullo, e a suma dos premios supera os 5.000 euros

08 jul 2020 . Actualizado a las 16:23 h.

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, vén de anunciar a convocatoria do 20º certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo. A edición deste ano celebrarase o próximo domingo, 19 de xullo. 

Poderán participar todos os artistas maiores de idade que o desexen, presentando unha única obra que non se poderá asinar ata o fallo do xurado, composto por profesionais das artes plásticas. O estilo e a técnica serán libres e a temática xirará en torno á cidade de Lugo. 

As inscricións realizaranse o día do concurso, entre as 9:00 e as 11:00 horas nas oficinas de Cultura. Os traballos presentaranse na Praza Maior, entre as 16:00 e as 17:00 horas, e ás seis coñeceránse os nomes dos gañadores.

O importe total dos galardóns é de 5.550 euros, repartidos nun primeiro premio dotado con 1.600 euros, un segundo de 1.100 e un terceiro de 900. Ademais, haberá cinco accésits de 300 euros e un recoñecemento especial ao artista local. Todos os premiados recibirán un diploma acreditativo.