O Concello de Lugo comeza a abonar as axudas do Plan Reanima

LA VOZ LUGO

LUGO CIUDAD

O Concello de Lugo comeza a abonar as axudas do Plan Reanima
O Concello de Lugo comeza a abonar as axudas do Plan Reanima CEDIDA

Repartiranse case 3 millóns de euros entre autónomos, pemes e familias

08 jul 2020 . Actualizado a las 16:23 h.

O Concello de Lugo comeza a abonar as axudas do Plan Reanima, coas que se inxectarán preto de 3 millóns de euros entre emprendedores, autónomos, pemes e familias para axudarlles a afrontar a crise derivada da pandemia. 

A programación apoiará a uns 3.000 lucenses, que empezarán a recibir o subsidio nos vindeiros días. A Xunta de Goberno aprobou o listado de beneficiarios este mércores e xa pode consultarse na súa páxina web. Ademais, ábrese un prazo de 10 días para que as persoas que teñan algunha débeda co Concello poidan liquidala para recibir a súa correspondente prestación económica.

O executivo municipal destinou 5 millóns de euros ao Plan Reanima para protexer os postos de emprego e paliar a redución de ingresos que supuxo o paso do coronavirus. Do total, as axudas aprobadas ata o momento ascenden a 2,6 millóns de euros para esta primeira fase. A cantidade restante queda gardada para un segundo plan de apoio aos axentes económicos da cidade, co obxectivo de darlles un novo empuxón na súa reactivación.