Unha investigación do Campus de Lugo, referente mundial

LA VOZ LUGO

LUGO CIUDAD

Patricia Cazón, investigadora á cabeza deste estudo
Patricia Cazón, investigadora á cabeza deste estudo CEDIDA

O proxecto céntrase no uso de alternativas ao plástico nos envases alimentarios

02 jul 2020 . Actualizado a las 09:52 h.

Un traballo sobre recubrimentos alimentarios a base de polisacáridos publicado polos investigadores do Campus de Lugo da USC Patricia Cazón e Manuel Vázquez en Food Hydrocolloids convértese no artigo máis citado da principal revista mundial no ámbito da Ciencia e a Tecnoloxía de Alimentos. 

O proxecto, que leva por título Películas e recubrimentos a base de polisacáridos para o envasado de alimentos: unha revisión, céntrase no desenvolvemento de polímeros biodegradables e nos seus posibles usos como envases de alimentos. O artigo, escrito pola luguesa Patricia Cazón dentro da súa tese de doutoramento, foi xa citado 233 veces noutras publicacións científicas, o que deixa en evidencia a súa alta repercusión internacional.