Premios para a fusión da arte en seis igrexas da ruta xacobea

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Iglesia del Carmen, en Lugo
Iglesia del Carmen, en Lugo OSCAR CELA

O Concello pon en marcha esta iniciativa pioneira coa colaboración do Bispado

26 jun 2020 . Actualizado a las 21:38 h.

O Concello de Lugo puxo en marcha os I Premios Connexio para desenvolver intervencións artísticas en seis igrexas da ruta xacobea ao seu paso polo municipio, iniciativa que conta coa colaboración do Bispado. A presentación dos candidatos e propostas será a través da web www.connexio.gal, onde se publicará toda a información, os prazos e documentos necesarios para esta primeira edición dos premios. A preinscrición permanecerá aberta dende o día 1 ata o 12 de xullo.

El Concello de Lugo presenta los I Premios Connexio para desarrollar proyectos artísticos en seis iglesias de la ruta xacobea
El Concello de Lugo presenta los I Premios Connexio para desarrollar proyectos artísticos en seis iglesias de la ruta xacobea

O Concello premiará seis proxectos de intervencións artísticas en seis igrexas situadas ao pé do Camiño Primitivo, declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO: Santa María en Gondar; Capela do Carme; San Xóan Alto; San Vicente en Burgo; San Miguel en Bacurín; e San Pedro de Abaixo en Mera. As mesmas foron elixidas por ser as que teñen máis valor histórico e patrimonial.

A valoración efectuarase por un comité de expertos composto por comisarios, xestores culturais e persoal da Diocese de Lugo.

Maior dimensión

«Buscamos darlle a Lugo unha maior dimensión e proxección cara a Europa, aproveitando que o 2021 é Ano Xacobeo e o transcurso do Camiño Primitivo polo municipio», comentou a alcaldesa, Lara Méndez na presentación do I Premios Connexio. Lembrou que por esta ruta xacobea «pasaron máis de 16.000 persoas de todos os puntos do continente».

O edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto, avanzou que o premio será de 3.000 euros por cada unha das propostas de intervención artística, dotación que será abonada en dous prazos e irá destinada a cubrir os gastos de produción e execución da obra.

As creacións resultantes do concurso serán expostas nos seis templos, tanto no seu interior como no exterior e gardarase documentación audiovisual.