Morre a profesora lucense Araceli Herrero Figueroa

LA VOZ LUGO

LUGO CIUDAD

cedidas

Foi discípula de Carvalho Calero e estudosa da literatura galega contemporánea

11 jun 2020 . Actualizado a las 14:21 h.

A profesora Araceli Herrero Figueroa morreu onte no HULA. Pertecente a unha coñecida familia de Lugo, o seu labor profesional, tras os estudos universitarios, desenvolveuse dentro da Universidade de Santiago de Compostela na cidade onde nacera. Herrero Figueroa foi profesora no Colexio Universitario e na Escola de Formación do Profesorado.

A súa dimensión docente completouse coa da investigación filolóxica e literaria, pois dedicou atención á literatura galega contemporánea: sobre autores coma Luis Pimentel ou Álvaro Cunqueiro escribiu varios traballos. Tamén o seu traballo se orientou cara á obra de Ricardo Carvalho Calero, de quen fora alumna no Colexio Fingoi. O protagonista do Día das Letras Galegas deste 2020 dirixiu ese centro durante anos.