Rocío Leira, de Cee, gaña o premio de narrativa curta Ánxel Fole

Xosé María Palacios Muruais
XOSÉ MARÍA PALACIOS LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

A autora recibirá 4.000 euros e verá publicada a obra

08 jun 2020 . Actualizado a las 16:47 h.

Rocío Leira, de Cee, é a gañadora do premio de narrativa curta Ánxel Fole deste ano.  A súa obra, «Afogada», foi elixida por un xurado do que fixeron parte a escritora Ánxela Gracián, o editor Manuel Bragado e o escritor Xosé A. Neira Cruz, gañador da edición do 2019. O certame, organizado polo Concello de Lugo, acadou xa 22 edicións.

Pola actual situación sanitaria, derivada da pandemia e da posterior declaración do estado de alarma, o xurado reuniuse por vía telemática, segunfo explicou hoxe a concelleira lucense de Cultura, Maite Ferreiro. A autora gañadora recibirá 4.000 euros e verá publicada a súa obra, que sairá do prelo con Edicións Xerais de Galicia. O xurado salientou a orixinalidade e a dificultade da proposta achegada por Rocío Leira.