Comezan os concertos na Ronda da Muralla

Laura López LA VOZ / LUGO

LUGO CIUDAD

Pingarela actuará o venres 5 na zona da Porta Miñá
Pingarela actuará o venres 5 na zona da Porta Miñá ALBERTO LÓPEZ

A partir das 20.30 horas actúan o venres 5 Patuk Band, Man de Santo e Pingarela

05 jun 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 5 • 20.30-22.00 horas • Ronda da Muralla, Lugo • De balde • 

O programa Muralleando Sen Parar comeza o venres 5 con tres concertos en diferentes puntos da Ronda da Muralla. A iniciativa musical do Concello de Lugo ofrecerá entre as 20.30 e as 22.00 horas, actuacións de Patuk Band, Man de Santo e Pingarela, que darán os seus concertos na zona entre San Fernando e o edificio administrativo da Xunta, na Mosqueira e na Porta Miñá, respectivamente.

Esta iniciativa pioneira aportará un fío musical arredor da Ronda con 36 formacións musicais lucenses de todos os estilos, os venres, sábados e domingos.

«Os grupos musicais estarán dispostos en diversos puntos dos xardíns da Ronda da Muralla, de maneira que unha volta á muralla se converterá tamén nunha viaxe musical», segundo afirmou Maite Ferreiro, concelleira de Cultura.