Ciudadanos pide que Lugo teña colectores para reciclar aceite

Califican de intolerable a falta de compromiso do goberno local

Hai máis de dez anos houbio unha campaña na Praza de Abastos de Lugo ra reciclar aceite
Hai máis de dez anos houbio unha campaña na Praza de Abastos de Lugo ra reciclar aceite

lugo

A portavoz municipal de Ciudadanos Lugo, Olga Louzao, instou esta mañá ao goberno local a instalar colectores aptos para a reciclaxe do aceite de uso doméstico en varios puntos da cidade sen máis demora. «É necesario que o goberno local actúe con premura. Unha cidade coas características de Lugo, a súa conexión co medio natural e a súa relación cos acuíferos da súa contorna, non se pode permitir non reciclar os aceites usados, xa que supón un risco real para o equilibrio do noso ecosistema», sinalou a concelleira da formación laranxa.

 Louzao criticou a pasividade do goberno local neste sentido. «É evidente que existe unha falta de vontade política con este asunto. Consideramos intolerable o escaso compromiso do executivo do Lara Méndez coa reciclaxe e a conservación do noso medio natural. É inconcibible que no ano 2020 o noso municipio careza dun sistema de reciclaxe de aceites usados efectivo, xa que os puntos actuais para levar a cabo este reciclaxe son anecdóticos», sinalou a portavoz. 

O modelo de Vitoria, unha inspiración para Lugo

 «O sistema de reciclaxe de aceite, cando chegue, non pode limitarse á instalación de catro puntos de forma testimonial. Desde Cs apostamos por un sistema integral que garanta a súa efectividade. Vitoria é un exemplo de que a aposta pola reciclaxe é rendible para a administración local e aumenta a calidade de vida dos cidadáns. A capital de Álava conta desde o pasado ano con 121 puntos de recollida de aceite sen custo para o Concello e ademais inclúe a recollida do aceite en edificios públicos como centros cívicos e equipamentos educativos», proseguiu. «Insistimos en que se trata dun problema de vontade política. O aceite de cociña usado é un dos contaminantes máis agresivos co medio ambiente. Un litro de aceite contamina máis de 1.000 litros de auga segundo os estudos técnicos», recordou

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Ciudadanos pide que Lugo teña colectores para reciclar aceite