O Concello de Lugo aproba obras menores «para reactivar a construción»

la voz LUGO

LUGO CIUDAD

Alcaldesa de Lugo e edil de Urbanismo de Lugo en las dependencias de O Vello Cárcere
Alcaldesa de Lugo e edil de Urbanismo de Lugo en las dependencias de O Vello Cárcere CEDIDA

Inclúen o acceso exterior á cafetería do Vello Cárcere, o tellado da sé da Policía Local o o exterior da Casa da Xuventude, entre outros lugares

21 may 2020 . Actualizado a las 16:32 h.

O goberno local, que preside Lara Méndez, vén de asinar unha batería de contratos menores para executar varias obras municipais. Sinalana que son estas intervencións, máis que polo seus importe, teñen importancia porque cumpren a función de «reactivar o sector da construción, especialmente aos pequenos negocios que se nutren deste tipo de licitacións. Os traballos previstos non son dunha gran entidade económica pero, precisamente por iso a xestión dos procedementos é moito máis dilixente e inmediata o que contribuirá a que as empresas que os asumen tomen, de novo, alento, tras esta longa pausa á que obrigou o confinamento», afirmou o edil de Urbanismo Sostible, Miguel Couto

Trátase, entre outras, da mellora dos accesos á cafetería do Vello Cárcere parapos ibilitar que conte cunha entrada e saída independente ao inmoble. Unha actuación que foi recentemente adxudicada por un importe de 29.989’52 euros.

«Tamén se abordará o acondicionamento da cuberta do edificio da Policía Local, co fin de  corrixir definitivamente o problema de filtracións que padecen estas instalacións así como os danos ocasionados pola auga e outras deficiencias derivadas de erros estruturais», explicou Miguel Couto ao tempo que indicou que estes arranxos serán financiados coa partida procedente do aval (50.000€) que se lle incautou á empresaconstrutora, re sponsable, en última instancia, desas eivas.

O concelleiro referiu que, de igual xeito, nos próximos días procederase a pechar cun valado perimentral a parcela na que se atopa a Casa da Xuventude e a refacer un muro lateral da fachada que presenta gretas debido ao empuxe do terreo; e, por outra banda, «se modificará a distribución dos despachos, ademais de acondicionar o pavimento e o falso teito na Casa da Muller para que o servizo gañe en habitabilidade e confort en beneficio do persoal e das propias usuarias».

«Expedientes, todos eles, de tipo menor, que xa se están preparando a nivel documental dende a área da arquitectura co ánimo de axilizar ao máximo posible a súa tramitación para que as empresas do gremio poidan inicialas e facturalas canto antes», abondou Couto.

O edil socialista indicou que levan desde que se decretou o estado de alamar reuníndose co tecido produtivo para poñer en marcha varias iniciativas. O responsable de Urbanismo Sostible lembrou, alén, que dende este mes de maio a cidadanía lucense xa pode agardar á concesión da licenza ou á comunicación de conformidade para liquidar a Taxa pola prestación de Servizos Urbanísiticos e o ICIO.

«Dous impostos, que suman uns ingresos superiores aos 2 millóns de euros anuais para as arcas municipais e que, se ben ata a data, debían abonarse por adiantado, no momento da presentación da solicitude, agora se adían ata a resolución administrativa para dotar de maior liquidez a promotores e particulares», concluíu Miguel Couto, «ao que tamén axudará o aprazamento doutros gravames municipais, como o IBI, pospostos con anterioridade».