O Concello de Lugo retoma as obras no rural do Plan Único

la voz LUGO

LUGO CIUDAD

El concejal de Medio Rural, Miguel Fernández, con el camión de obras del Concello
El concejal de Medio Rural, Miguel Fernández, con el camión de obras del Concello CEDIDA

Haberá actuacións en Penarrubia, Bocamaos, Mazoi, Piugos, Muxa, Coeo ou San Xoán do Alto, entre outras parroquias

01 may 2020 . Actualizado a las 12:56 h.

A área de Medio Rural do Concello de Lugo, que dirixe Miguel Fernández, retomará nos vindeiros días as execucións das obras de mellora de seguridade viaria nas parroquias «nun proceso de desescalada que inclúe activar canto antes a economía das empresas así como actuacións importantes no benestar da veciñanza». 

Neste inicio de execucións, Medio Rural comezará coas obras incluídas no Plan Único, que contan cun orzamento de 352.000 euros, que se destinará integramente a melloras no rural. «Estas actuacións responden ás peticións veciñais e enmárcanse na decidida aposta do Concello polo rural, para mellorar a calidade de vida e os servizos dos seus veciños», destacou o edil, quen lembrou que o rural supón o 80 % do territorio do municipio e o 10 % da poboación.

Medio Rural informa que se tratan, concretamente, das obras de abastecemento do núcleo de Penarrubia e da parroquia de Bocamaos, a rexeneración de firme con aglomerado en quente da estrada da LU-612  ao campo da festa en Piugos, da estrada de Mazoi a Cacabelos na parroquia de Mazoi, da rúa da industria a Bagueixos na parroquia de Tirimol, da LU-546 ao limite do concello en Santa Comba, da LU-234 ao limite do concello na parroquia de Bocamaos, da Ronda Norte a San Salvador de Muxa, da LU-P-2901 a Vilaestévez parroquia de San Xoan do Alto así como rematar a rehabilitación da escola de Coeo, actualmente en execución.

 «A vindeira semana prevese aglomerar en quente a estrada de Mazoi a Cacabelos e proximamente comezarán as obras de abastecemento no núcleo de Penarrubia, actuación que completará o abastecemento da totalidade da parroquia de Orbazai», declara o edil.

Tamén dende Medio Rural, avanzan que se está a axilizar a tramitación para contratar o aglomerado en quente nas estradas de Santa Eufemia na parroquia de Calde, Esperante, Santo Matías na parroquia de O Veral, de Vilanova a San Miguel nas parroquias de Santa Eulalia de Boveda e Bacurín, en Barbaín parroquia de Santa María de Boveda, da LU-612 a Argonde en San Xoan do Campo así como na estrada que une a vía de servizo da N-VI a O Cuco na parroquia de San Andrés de Castro, actuacións que van permitir mellorar a mobilidade, a seguridade e a calidade de vida dos veciños e veciñas das parroquias de Lugo.