A Praza de Abastos e o Mercado de Lugo abrirán o xoves e o sábado

la voz LUGO

LUGO CIUDAD

ALBERTO LÓPEZ

O Concello de Lugo anima aos lucenses a mercar nos locais «con produtos de calidade e atención personalizada»

07 abr 2020 . Actualizado a las 11:45 h.

A edila de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, indicou que a Praza de Abastos e o Mercado Municipal permanecerán abertos durante o xoves e o sábado da Semana Santa no seu horario habitual. Cristina López destacou «a posibilidade de adquirir produtos de calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados».

A edila nacionalista sinalou que «dende a área de Participación traballamos da man cos distintos negocios da Praza e do Mercado para converter ambos servizos públicos nun referente do centro da cidade». e lembrou que nos pasados días se puxo en marcha o servizo de reparto a domicilio e de pre-encarga, «un servizo que foi moi reclamado pola veciñanza e que está a ter unha gran aceptación», segundo indicou a concelleira de Participación.

Cristina López lembrou que para realizar un pedido, as persoas interesadas deberán chamar, de 8:30 a 14:00 horas aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. O servizo de pre-encarga permite facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza.