Artistas lucenses celebran esta noite o festival EscapARTE

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Raiceira
Raiceira LV

A web cultural Viva Lugo organiza a cita desde as redes

25 mar 2020 . Actualizado a las 12:10 h.

Numerosos artistas lucenses celebran esta noite o festival EscapARTE, organizado pola web cultural Viva Lugo. A cita será hoxe mércores 25 ás 21.00 horas, desde as redes de Viva Lugo (https://www.facebook.com/vivalugo/ , Twitter, Instagram e You Tube).

Desde Viva Lugo explican que a acollida da idea foi «abrumadora» e que o obxectivo deste festival «on-line» con grupos e artistas de Lugo é «axudar á xente a seguir no seu confinamento, seguir mantendo viva a revolución cultural lucense e recoñecer a importancia da arte e a cultura, do sector cultural, antes, durante e despois desta crise sanitaria».

Os artistas confirmados no EscapARTE Fest son os seguintes: Abraham Cupeiro López, Arrhythmia, Adrián Arias Castiñeira + Jesus Varela, Aníbal Anisakis, Batital, Barbarian Prophecies, Jose Manuel Brea Brea no Vento, Conducto Coloquio, Fábrica de Espejos, Filophóbicas, Foolmakers, Forget La France, Infrarroja, Iria Estévez e Gonzo Piña, Kike Ganso, Kurtinaitis Jr., Mequetrefe, Musel, Negarte, Patuk Band, Proyecto Valley, Raiceira, Ro Muñoz e Iván Ferro (Bury Yoursoul), Sigilu, Skintight e Voladura.