Sés apraza o concerto previsto para o sábado en Lugo debido á alerta sanitaria

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Óscar Cela

O equipo da artista confirmou que retomará a actuación o 30 de abril

12 mar 2020 . Actualizado a las 08:36 h.

María Xosé Silvar, Sés, acaba de aprazar, a decisión propia, o concerto pervisto para este sábado na Sala Tebras, de Lugo, como «medida de seguridade ante a alerta sanitaria», segundo explicou a artista. O seu equipo xa confirmou que retomará o concerto o vindeiro 30 de abril.

Segundo confirman dende a axencia que leva á cantante, nos vindeiros días estarán dispoñibles en ataquilla.com as entradas para a nova data. Quen xa teña mercada a súa poderá facer uso dela o 30 de abril. Asemade, aqueles que desexen solicitar a devolución terán un prazo de dez días dende hoxe, xoves 12 de marzo.