O Concello de Lugo pecha desde o sábado todas as dependencias municipais

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Para ir al edificio administrativo hacer una gestión será necesario llamar previamente llamar al 010 para pedir cita previa
Para ir al edificio administrativo hacer una gestión será necesario llamar previamente llamar al 010 para pedir cita previa ALBERTO LÓPEZ

Só abrirán o edificio administrativo, pero só se poderá ir con cita previa no 010, o Centro de Día, o Servizo de Atención no Fogar e o Fogar de Transeúnte. A Praza de Abastos abrirá e serán os comerciantes os que decidan

13 mar 2020 . Actualizado a las 19:03 h.

 O Concello de Lugo sinala nunha nota de prensa que «vistas as novas medidas adoptadas desde o Goberno central e a Xunta, o Concello de Lugo fixou unha serie de medidas preventivas para evitar a propagación do coronavirus tanto entre a poboación lucense como no ámbito dos traballadores municipais».

Desta forma, desde o sábado pecharanse todas as dependencias municipais (culturais, deportivas, sociais, garderías, ociotecas, Escola Municipal de Música, Casa da Xuventude, etc.) e suspenderanse todas as actividades organizadas desde o Concello ata novo aviso, en función de como evolucione a situación.

Iso si, sinalan que se manterán abertas as dependencias de atención administrativa directa ao público «pero para evitar colas e aglomeracións se activará a cita previa en todos os servizos ? polo que se reforzará o 010 -, e pídese aos usuarios que acudan só en caso de estrita necesidade e que as consultas sexan telefónicas».

Tamén manteranse algúns servizos que se consideran indispensables pola especial atención a colectivos vulnerables, como son o Centro de Día, o Servizo de Atención no Fogar e o Fogar de Transeúnte, nos que se lle solicitará ás empresas adxudicatarias que extreme as medidas hixiénico sanitarias do persoal.

No caso do CEI Nodus, as actividades formativas desenvolveranse vía telemática.

En canto á Praza de Abastos, serán os praceros os que decidan se abren os seus postos. O Concello tamén manterá a organización das vodas, aínda que estas se celebrarán unicamente nas dependencias da Casa do Concello e só poderán acompañar aos contraentes testemuñas e familiares directos.

Función pública

En canto ao traballo dos funcionarios, desde o Concello sinalan que evitaranse, ademais, as viaxes de traballo que non sexan imprescindibles para a prestación ordinaria dos servizos e potenciarase a videoconferencia de traballo.

No caso dos empregados públicos, o Concello suspende temporalmente e de xeito excepcional o control horario dixital e cada área organizará o seu persoal favorecendo e facilitando a conciliación laboral, así como pondo a súa disposición o teletraballo.

O Concello extremará a limpeza tanto urbana como de toda as dependencias municipais así como a do trasporte urbano, establecendo protocolos especiais

O Goberno municipal, sinalan, poderá ampliar e/o modificar estas medidas nas vindeiras horas en función da evolución da situación existente e das decisións que vaian adoptando as autoridades pertinentes, como xa ven realizando estes últimos días.

A alcaldesa mantivo hoxe á tarde unha reunión cos portavoces dos grupos da Corporación para comunicarlles as medidas adoptadas.