Paco Otero: «O enxertos non se deben enterrar porque se a variedade bota raíces perdemos todo o efecto do patrón»

luis garcía / j. v. l. CARBALLO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

JOSE MANUEL CASAL

Paco Otero é o presidente de Afrugal

06 mar 2020 . Actualizado a las 19:25 h.

Francisco Otero Otero, ademais de o xefe de área de Estensión Agraria, é o presidente de Afrugal, dende a que explica como funciona a entidade a nivel galego ou mesmo cuestións moito máis básicas do sector, como a mellor maneira de facer un enxerto.

-Que é Afrugal?

-Son as iniciais de Asociación de Fruticultores Galegos. Nace como unha necesidade de formar e informar á xente. Había tanta avalancha de xente que non tiñamos unha guía. Eu creo que en fruticultura, como en todo, tés que ter un libro de ruta para poder facer vén as cousas: analizar a terra, elixir o patrón, a variedade de plantación, coidados, fitosanitarios...

-Cando xurde, cando se constitúe esta asociación?

-Xurde no ano 2010 e conta na actualidade con 57 socios.

-Preponderancia de A Coruña e Lugo, supoño.

-Curiosamente nos gaña Lugo, despois está Pontevedra, con xente de A Estrada e onde menos temos é en Ourense, case anecdótico, curiosamente.

-Que condicións hai que reunir para ser socio, cal é o perfil?

-O perfil de socio é un fruticultor, un traballador do campo un particular que ten unhas froiteiras. Tanto nos dá que sexan de mesa ou que sexan de sidra, o que pasa é que o 99 % é sidra, que son as plantacións regulares que máis se están facendo agora.

-Hai un gran patrimonio de variedades autóctonas que estades facendo emerxer, non?

-Si, non tanto dende Afrugal. Dende Afrugal están os técnicos, estou eu, pero a Administración estase preocupando. Xa se preocupara nos anos setenta, recollendo o que hai no banco de xermoplasma de Guísamo. Con parte desas variedades e onde collemos as pugas para facer os campos de ensaio do proxecto Maeloc, que é unha colaboración entre Custom Drinks e Estrella Galicia. Para entendernos é a sidrería do medio rural.

-Cando comezou isto, no 2015?

-No 2015 é cando se planta, pero xa sabes que estas cousas hai que facelas antes, porque chegar a un viveirista e dicirlle que queres 40 variedades, 40 pugas en dous patróns distintos, mírache cunha cara moi rara. Entón, no 2013 tivemos os primeiros contactos. Falaron comigo. Dixeron que querían que fose galega e que fose en ecolóxico. Aí fómonos ao banco de xermoplasma e estivemos mirando as variedades, en colaboración coa Universidade de Lugo e con Custom Drinks mesmo e despois a experiencia que tiña eu en Extensión Agraria.

-Nestes momentos é vostede o xefe de área e está na oficina de Cambre, non?

-Efectivamente, é unha xefatura de área, pertence á Consellería de Medio Rural e leva catro seccións: Corcubión, Baio, Carballo e Cambre.

-E despois. nos tempos libres, a fruticultura, non?

-Exactamente [risas].

-Que é un patrón e que é un enxerto?

-Comezaríamos por que é unha árbore. Pois unha árbore froiteira divídese en dúas partes, o que é o patrón e o que é a variedade. O patrón sería o que vive na terra, na parte subterránea, con outras condicións de osíxeno e anhídrido carbónico totalmente distintas das de arriba, e que ten que ter unhas características para aguantar desa variedade que é máis débil. Para entendernos é coma un neno que está no barro ou na auga e lle pos unhas botas, pois ponlle as mellores para que non se molle. Por iso o patrón pódemos proporcionar, por un lado, diminución de vigor e, por outro lado, resistencia a enfermidades. Esas posibilidades son interesantes. É unha entrada en produción moito máis rápido, que nos fan ter un período improdutivo, que é desde que plantas ata que empezas a recolleita, moito máis corto. Antigamente cos espiños e cos francos, pois tardábase máis anos, Cos que estamos utilizando agora ao terceiro ano xa che empeza a dar e o primeiro ano xa empeza a funcionar.

-Que é a variedade?

-Aí teriamos que dividir en dúas partes: vostede vai á industria ou é para comer na casa? Se é industria debería a industria dicirnos o que quería e nós os técnicos deberiamos de coidala e levarlle alí os máximos quilos posibles. Por desgraza ou polo que sexa non nolo di. Acepta todo tipo de mazás, unhas cólleas, outras rexéitaas... Entón, eu nunha primeira prospección estudara todas as variedades de mazá asturianas. Era o ano 96 e aquí en Galicia si había, pero non tiñamos para preparar enxertos e iso. Entón, como o mercado era Asturias, porque tampouco tiñamos a Estrella Galicia, estudei esas 14 variedades esas que están catalogas por produción e é o que estamos recomendando cando deseñamos unha plantación. Despois, en canto á mesa eu inclínome moito polas variedades resistentes. En Galicia temos un clima particular, con certas humidades, un clima temperado que é bo, pero a humidade esa desenvolve certos fungos. As nosas variedades, por sorte, levan moitos anos aquí e están adaptadas, máis ou menos. Pero tamén temos variedades que se están traendo de fóra: Estados Unidos, Francia, Holanda e tamén se está tratando de poñer.

-O lugar de enxerto non se debe enterrar, non?

-Efectivamente, iso é moi importante, porque perderiamos osíxeno. O noso paisano ten costume de facelo porque lle ten moito medo ao vento. Pero se toca terra a parte da variedade emite raíces. Os enxertos son coma matrimonios, que ás veces saen ben e ás veces saen mal, pero se a variedade bota raíces perdemos todo o efecto do patrón. A distancia da xunta do enxerto co nivel do solo deben ser mínimo, sete-oito centímetros.