Unha biblioteca con parladoiros nos que gozar da lectura

Entrou en funcionamento hai unha semana e conta con fondos sobre feminismo, banda deseñada e historia


Lugo / La Voz

Dende o pasado luns a cidade de Lugo conta cunha biblioteca máis. É a do Vello Cárcere, que vén de poñerse en marcha no primeiro andar do senlleiro edificio. A estancia non pode ser máis acolledora. As paredes están forradas de madeira e serven como estantes, algúns con portas agochadas listas para acoller nun futuro máis fondos. Hai unha mesa para traballar e o espazo móvese entre o translúcido e o opaco.

Cunha mirada ao pasado, nos laterais da biblioteca, que dá á recepción do edificio, hai recunchos de lectura que lembran aos vellos parladoiros. Espazos que invintan a desfrutar dos libros e da calma que alí se vive.

Entre os fondos, obras de banda deseñada, de feminismo, de arquitectura, de deseño ou de memoria histórica, unha temática que encaixa á perfección no lugar. Todas as obras son de consulta e a intención da concellería de Cultura é que o número de volumes vaia a máis.

Para darlle máis vida á biblioteca, o centro programará clubs de lectura que se desenvolverán ao longo dos vindeiros meses en fins de semana. Un será para nenos e nenas de 8 a 10 anos, outro versará sobre o feminismo ao longo de tres séculos de historia, e un terceiro terá como protagonista a banda deseñada e a memoria histórica.

Como complemento, no Vello Cárcere hai un espazo de lecer no que os pais poden deixar aos seus fillos ata unha hora e media.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
5 votos
Comentarios

Unha biblioteca con parladoiros nos que gozar da lectura