A Xunta promoverá que a Ofrenda do Antigo Reino ao Santísimo Sacramento sexa declarada Ben de Interese Cultural

A consellería de Cultura tomou nota da petición do Bispado de Lugo


Lugo / La Voz

A Consellería de Cultura, a instancias do Bispado de Lugo, iniciará os trámites para promover a declaración de Ben de Interese Cultural da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, ao ter en conta que responde a unha tradición cunha acreditada historicidade que pon en relevancia a función do patrimonio inmaterial na sociedade como elemento identitario. Foi o titular de Cultural, Román Rodríguez, o que anunciou a decisión da Xutna logo de reunirse co bispo lucense, Alfonso Carrasco, e co delegado da Xunta na provincia, José Manuel Balseiro.

Cada ano, o domingo seguinte ao Corpus Christi celébrase na capital lucense un acto institucional e relixioso no que participan os mandatarios das antigas capitais do Reino de Galicia: A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago, Mondoñedo, Betanzos e Tui. Trátase da ofrenda ao Santísimo e a súa posterior procesión pola cidade, coa que aqueles cumpren co voto solemne que fixeron en 1669, ante as dificultades económicas da Catedral de Lugo, de dotala dunha renda anual coa que iluminar o Altar Maior.

Dende o ano 1925, e ata a actualidade, o rito celébrase de idéntico xeito: nunha misa solemne na que participan, por quendas rotatorias anuais os representantes municipais das sete cidades. No acto, unha banda de gaiteiros interpreta a Marcha Solemne do Antigo Reino de Galicia con gaitas en tres tonalidades e percusión. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

A Xunta promoverá que a Ofrenda do Antigo Reino ao Santísimo Sacramento sexa declarada Ben de Interese Cultural