O PP lamenta que as rúas sexan «un paraíso para as ratas» e o Concello asegurá que sempre se actuou ao momento

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Cedida

Dende o Goberno Local aseguran que todas as alertas relacionadas con ratas foron suplidas e ca maior brevedade posible

01 feb 2020 . Actualizado a las 22:51 h.

Os populares de Lugo critican que Lara Méndez e Rubén Arroxo «se empeñen en manter a Lugo como a cidade máis sucia de Galicia e converter as rúas nun paraíso para as ratas». Lamentan a imaxe que se transmite da cidade e aseguran que non é «o mellor camiño» para acadar que o casco histórico sexa declarado como patrimonio da Humanidade. 

Dende o grupo popular denuncian «a deixadez de funcións» da alcaldesa e o vicealcalde, «que xa non se contentan con deixar a centos de lucenses varios días en agua, se non que agora queren lograr a dubidosa honra de ser a cidade máis sucia de España».

Dende o PP reclaman un plan urxente de desratización na cidade e aseguran que se suceden as queizas dos lucenses porque «non paran de ver roedores correndo polas rúas da cidade a calquera hora do día».

A versión do Concello

Dende o Concello aseguran que todas as alertas relacionadas con ratas foron suplidas e ca maior brevedade posible. Confirman tamén que recibiron unha o venres, pero que se actuou de inmediato.