Tomaga abre o xoves o ciclo de concertos Liberdades Sonoras

Laura López LA VOZ

LUGO CIUDAD

Tomaga ofrecerá un concerto no Vello Cárcere o xoves 30
Tomaga ofrecerá un concerto no Vello Cárcere o xoves 30

Propoñen espectáculos musicais no Vello Cárcere ata xuño

27 ene 2020 . Actualizado a las 11:57 h.

De xaneiro a xuño • O Vello Cárcere • Lugo • Entrada libre • 

O dúo experimental Tomaga abrirá este xoves, día 30, a cuarta edición do ciclo de espectáculos Liberdades Sonoras, organizado pola promotora sarriá Work on Sunday, en colaboración coa lucense CLAP e o Concello de Lugo. Este primeiro concerto achegará música industrial, jazz, psicodelia e minimalismo. O programa ofrecerá espectáculos especialmente deseñados para O Vello Cárcere, ata xuño.

O 22 de febreiro chegará o folk escuro da californiana Emily Jane White, e o 7 de marzo, a artista multidisciplinar norteamericana Lea Bertucci.