O Enterro da Sardiña, o 26 de febreiro, agarda ferretes

Laura López LA VOZ

LUGO CIUDAD

CARLOS CASTRO

A Asociación Cultural Pepe Barreiro organiza diferentes actividades con motivo do seu vinte aniversario

20 ene 2020 . Actualizado a las 11:42 h.

A Asociación Cultural Pepe Barreiro organiza, un ano máis, o Enterro da Sardiña, cando se cumpren vinte anos da constitución do colectivo. Por unha banda, o día 27 abre o prazo, ata o 12 de febreiro, para participar no XVI Concurso de Ferretes Entroido 2020. As bases poden consultarse en www.lugo.es.

Por outro lado, o día 12 inaugúrase a exposición Pepe Barreiro, 20 anos da súa asociación. E o 20 de febreiro terá lugar a charla-coloquio Pepe Barreiro e o Enterro da Sardiña, no Vello Cárcere. Ademais, celebrarase un obradoiro para nenas e nenos de 9 a 11 anos, Confección de caretas e sardiñas, os días 1, 8 e 11, na Praza de Abastos, de 11.00 a 13.30 horas.

A maiores, organizaranse varios ensaios sobre os cánticos, os martes 4, 11 e 18, ás 20.00 horas no salón rexio do Círculo das Artes.

O 26 de febreiro terá lugar o Enterro da Sardiña, a partir das 19.00 horas, co Velorio da Sardiña no Quiosco da Música na Praza Maior, e ás 19.30 horas coa procesión da Santa Compaña. Do Círculo das Artes sairá a procesión do Enterro da Sardiña ás 20.00 horas.