Xunta e Círculo das Artes asinan un protocolo de colaboración

O conselleiro de Cultura asinou onte o convenio co presidente da institución lucense


La Voz

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, asinou este venres en Lugo co presidente do Círculo das Artes, Miguel Ángel Caraduje, un protocolo de colaboración que permitirá deseñar e realizar actuacións culturais na institución da cidade amurallada.

O acordo, segundo explicou o titular de Cultura, enmárcase no compromiso da Xunta co fomento da cultura lucense e supón unha mostra da «vontade do Goberno galego para colaborar no desenvolvemento dunha programación cultural de calidade da que poidan gozar tanto os lucenses como todos os visitantes desta cidade», debullou Rodríguez.

O reto que persegue o protocolo é incentivar a programación cultural do Círculo das Artes. Para acadalo, acordaron crear unha comisión que estará integrada por representantes de ambas institucións e que terá como finalidade aprobar un plan de actuacións culturais. «No marco deste acordo, desde a Xunta comprometémonos a apoiar e colaborar na difusión pública das actividades que se leven a cabo nesta entidade», incidiu o conselleiro lalinense.

O Círculo das Artes, pola súa banda, comprométese a establecer unha programación de actividades culturais que repercutan na promoción cultural e creativa da cidade e tamén a difundir e levar a cabo esta axenda de actividades.

«Lugo é unha cidade cunha importante relevancia cultural, pero estamos convencidos de que ten aínda moita marxe para seguir medrando e converterse nun destino cultural único», indicou o conselleiro, que incidiu no compromiso da Xunta para poñer en valor os recursos artísticos e culturais da cidade lucense.

Enlazando coas propostas que Rodríguez xa presentara anteriormente, reiterou a proposta da Xunta para crear no Pazo de Dona Urraca a primeira sede do Centro Galego de Arte Contemporánea. A iniciativa permitiría achegar a Lugo unha institución con máis de 25 anos de traxectoria e poñer en marcha un novidoso espazo dentro da proposta museográfica da cidade que acollería exposicións temporais de creadores locais, nacionais e internacionais.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Xunta e Círculo das Artes asinan un protocolo de colaboración