O Concello de Lugo adxudica as obras de sinalización do novo plan de tráfico na Milagrosa

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

ALBERTO LOPEZ

Entre as medidas está a reordeación do sentido da circulación en varias rúas

31 dic 2019 . Actualizado a las 17:41 h.

O Concello de Lugo aprobou na última xunta de goberno do ano a adxudicación por  39.352 euros das obras de sinalización para o novo plan de tráfico do barrio da Milagrosa. A empresa Estradas Galegas será a encargada de executalas nun plan de dous meses. Os cambios suporán, según a concelleira Maite Ferreiro, unha mellora da circulación e maior seguridade viaria na zona.

A edila explicou que «entre as actuacións previstas para mellorar a seguridade dos veciños e veciñas da zona está o desprazamento de varios pasos de peóns». Ademais, «reordenaremos o tráfico para aumentar a súa fluidez».Ferreiro anunciou que na Avenida da Coruña se modificará o acceso á praza Agro do Rolo a través dunha nova incorporación, a cal agora está habilitada provisionalmente para os buses urbanos.

 A concelleira de Cultura detallou tamén que noutras rúas cambiará o sentido de circulación. Unha das afectadas é Xulia Minguillón e outra, a rúa Mallorca, «creando así unha supermazá que una a avenida da Coruña e Yañez Rebolo, permitindo o xiro en sentido horario».