O tenente de alcalde de Lugo, «actor» nun videoclip

Lorena García Calvo
Lorena García Calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

cedida

Participa no víeo musical coral do grupo de rock lucense Arrhytmia

14 nov 2019 . Actualizado a las 12:31 h.

Rubén Arroxo o mesmo practica atletismo que reparte turnos nun pleno que actúa para un videoclip de música rock. O tenente de alcalde de Lugo serve para múltiples facetas e volveu a demostralo ao participar, xunto a un bo puñado de homes e mulleres, no novo videoclip do grupo de rock lucense Arrhytmia. Concretamente, Arroxo fai un cameo no tema «Voltarán».

O vídeo musical é un traballo coral no que se suceden esceas e protagonistas e no que se encadean as colaboracións dos amigos dos integrantes do grupo. Un deles é Arroxo, que aparece partindo leña cun machado e a cara pintada. Son só uns segundos, pero suficientes para distinguir a aportación do tentente de alcalde de Lugo. «Pedíronmo os de Arrhytmia hai xa tempo e eu dixen que por suposto. Ata o de agora só participara en vídeos de campañas electorais, pero estivo moi ben, foi divertido», conta entre risas.

Arroxo coñecía aos rapaces de Arrhytmia e gustáballe a súa música, así que non tivo moito que pensar. «A escea grabámola na casa de meus pais», explica.Naquel momento pasouno ben, pero recoñece que a sorpresa foi moi positiva cando viu o vídeo xa editado. «Quedou moi ben, está moi ben feito».

Dende que saíu á luz xa foron uns cantos os que lle preguntaron polo cameo, «o típico, botas unha risas co tema, pero en xeral a xente dixo que o videoclip estaba realmente ben feito e que lle gusta a música do grupo, así que é un orgullo ter formado parte da longa lista de xente que aparece».