O cuarteto LUCA inicia un ciclo de concertos

LUGO CIUDAD

Trátase dun programa para promocionar a música clásica

07 nov 2019 . Actualizado a las 11:58 h.

Venres 8 • 20.00 horas • Salón de actos do edificio da Xunta de Galicia • Lugo • Entrada libre • 

O cuarteto de música clásica LUCA (Lugo Camerata) inicia o venres 8 un ciclo de concertos en colaboración coa Xunta, dentro do programa Clásica en Familia para achegar aos lucenses a música clásica.

A actuación do venres 8 tarde consiste nun concerto duns corenta minutos, no que os músicos interpretarán pezas de Tchaikovsky (A Russian Theme, Winter Daydreams), Jan Zach (Cuarteto para corda en LA M), Mozart (Pequena serenata nocturna) e Piazzolla (Chiquilin de Bachin, Otoño Porteño). «Será un achegamento a certos compositores bastante coñecidos da música clásica. Queremos facelo moi familiar», explicou Carolina García, intérprete de viola.

O programa inclúe tamén dous concertos didácticos do cuarteto de vento, o 23 e 26 de decembro, neste caso ás 12.00 horas, nos que buscarán a implicación do público asistente. O ciclo completarase cunha actuación da orquestra o 1 de decembro, ás 20.00 horas.

O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, agradeceu o compromiso e iniciativa da LUCA, e animou aos lucenses a sumarse a estas actuacións: «Para os lugueses é todo un luxo poder contar coa primeira orquestra profesional de Lugo, moi comprometida coa cidade e coa divulgación da cultura musical entre todo tipo de públicos».