Homenaxe a dous grandes da música lucense

LUGO CIUDAD

Óscar Cela

Cántigas e Frores recoñece a Xesús Mato co seu premio anual e nomea socio de honra a Indalecio Fernández Groba

04 nov 2019 . Actualizado a las 20:46 h.

A Asociación Cultural Cántigas e Frores presentou este domingo no Círculo das Artes de Lugo o seu novo traballo discográfico «Cántigas e Frores 70 Anos». Trátase dun libro-cd que consta de 15 pezas gravadas polos grupos oficiais da entidade: Grupo de Cantareiros, Murga, Coro Galego, Grupo de Cantareiras e Banda de Gaitas e Percusión. Este audio ven acompañado dun marabilloso libreto (64 páxinas a toda cor) no que se recolle a historia en imaxes dende o ano 1948, ano de fundación da nosa asociación , ata a gravación.

Óscar Cela

No transcurso da gala fíxose entrega do Premios Cántigas e Frores da Cultura Galega  2019 ao crego, musicólogo e escritor Xesús Mato Mato. Tamén fíroxe o nomeamento de Socio de Honra desta entidade a Indalecio Fernández Groba, un dos personaxes máis importantes na vida musical luguesa nos anos 1980, onde execeu a direción da Coral Polifónica Cántigas e Frores.

Óscar Cela