Rodil fai un chamamento en Meira para que Galicia recupere peso nas Cortes da man do BNG

L.G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

cedida

A candidata nacionalista ao Congreso percorreu a feira informando aos veciños

20 oct 2019 . Actualizado a las 19:29 h.

A candidata do BNG ao Congreso por Lugo, Olaia Rodil, acudiu este domingo a Meira, donde se celebraba a feira quincenal, para infromar á veciñanza das propostas dos nacionalistas ante as novas eleccións xerais. «Estas novas eleccións temos que poñer a Galicia e a Lugo no mapa», sinalou a de Ribeira de Piquín.

Rodil lembrou que actualmente o Bloque non ten representación nas Cortes e entende que iso fai que Galicia esté «orfa xa que non existe ningunha forza política na que se faga e defenda unha axenda de país» que priorice os intereses dos galegos. «Esta orfandade pódese ver nos últimos Orzamentos Xerais do Estado onde Galiza tivo unha discriminación frutificada polo PSOE e o apoio de Podemos, cunha baixada de máis dun 20% do orzamento para Galiza, mentres noutros territorios aumentaban», argumentou.

A nacionalista apuntou que hai por diante unha oportunidade para «deixar de lado o circo político que as forzas españolas fixeron neste tempo, e o BNG é unha forza con solvencia, capacidade e rigor». Rodil estivo acompañada en Meira de parte da candidatura e de membros do BNG de Meira, Castro de Rei, Pastoriza e Pol.