A casa-torre da Tinería será un referente turístico e Xacobeo da man dos hostaleiros

A Xunta e a asociación provincial de hosteleiros asinaron un protocolo de uso para o edificio


Lugo / La Voz

A Xunta e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo acordaron os usos do proxecto que converterá a casa-torre da Tinería nun referente para a promoción do turismo e a gastronomía. O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e o presidente dos hoastaleiros, Cheché Real, asinaron un protocolo polo que se destinará o inmoble á potenciación e difusión dos Camiños de Santiago que atravesan Lugo, así como a posta en marcha de iniciativas que redunden na profesionalizacón do sector dende o punto de vista turístico e gastronómico.

O pasdo verán Xunta e hostaleiros acordaron a cesión do inmoble para que o colectivo instale alí as súas dependencias administrativas. O Instituto Galego de Vivenda e Solo será o encargado, dentro do programa Rexurbe, de rehabilitar o edificio. Hai consignada unha partida de 780.000 euros para intervir na casa torre e tamén no Pazo de Dona Urraca. 

Según informou a Xunta, tanto o goberno galego como a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería levarán a cabo actividades de carácter formativo e divulgativo para mellorar os servizos prestados a peregrinos e visitantes e profundizar no estudo do Camiño Primitivo, o Camiño do Norte, o Camiño Francés e o Camiño de Inverno. Todo, coa mirada posta no vindeiro Xacobeo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A casa-torre da Tinería será un referente turístico e Xacobeo da man dos hostaleiros