Cardiología e  Oncoloxía médica, premiados entre os mellores de España

Os dous servizos da EOXI de Lugo foron recoñecidos nos premios anuais «Best in class»


lugo / la voz

O servizo de Cardioloxía e o de Oncoloxía médica da EOXI de Lugo, Cervo e Monforte quedaron finalistas nas súas especialidades nos premios anuais Best in Class que outorgan a Gaceta Médica e a Cátedra de Innovación y gestión sanitaria da Universidad Rey Juan Carlos. Trátase duns galardóns que recoñecen a calidade existencial e que premian a excelencia na atención aos pacientes.

Desta volta, a estrutura organizativa lucense presentou varias candidaturas aos premios, como Investigación en oncoloxía, Psiquiatría ou o serviso de Dixestivo. Tamén se presentou candidatura ao premio de responsabilidade social corporativa con tres proxectos da área de humanización, aínda que finalmente só Cardioloxía e Oncoloxía médica conseguiron estar entre os finalistas. A concesión dos permiso baséase na puntuación obtida polos candidatos no Índice de calidade asistencial.

«En cada unha das categorías apenas hai uns poucos hospitais finalistas, polo que ten moito mérito que os servizos de Cardioloxía e de Oncoloxía da EOXI de Lugo conseguiran er finalistas, pois significa que os seus profesionais os lograron situar, unha vez máis, entre os mellores de España», contextualizou o xerente da área sanitaria lucense, Ramón Ares.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

Cardiología e  Oncoloxía médica, premiados entre os mellores de España