Os xigantes de Don Quijote e Dulcinea volverán saír ás rúas de Lugo

L.G.C. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

cedida

As figuras teñen máis de tres décadas de antigüidade e levaban anos sen desfilar no San Froilán

04 oct 2019 . Actualizado a las 19:51 h.

Don Quijote e Dulcinea pasearán polas rúas de Lugo durante o San Froilán. As dúas figuras xigantes, con máis de tres décadas de antigüidade, levaban anos sen saír ás rúas polo deterioradas que se atopaban, pero no mandato pasado o Concello iniciou a súa restauración, que vén de remeatar agora.

Os dous xigantes desfilarán durante as festas patronais xunto cos cabezudos participando na animación das rúas. Con eles, recupérase outra parte máis da tradición das festas. 

Dulcinea e Don Quixote sairán xunto cos cabezudos o día 4, logo do pregón, animando a Praza Maior na compañía da charanga Terra Chá + Reviravolta. O día 5 acompañarán aos Xílgaros de Lugo e farán un pasarrúas polo recinto histórico da cidade. O venres 11 volverán a saír, desta volta pola zona de viños xunto coa charanga Unión Phenosa, e pecharán as festas o día 12 xunto á Foliada de Bosende desfilando por Campo Castelo, Praza da Constitucióin e Praza de Bretaña. 

«Estas figuras levaban anos sen participar nas festas, e a partir deste ano volverán ser un actractivo máis na animación polas rúas de Lugo», subliñou a concelliera Maite Ferreiro.