Los Enemigos, La Habitación Roja e Familia Caamagno súmanse ao cartel do San Froilán

Maite Ferreiro defende que si tiveron en conta varias propostas do PP para as festas


Lugo / La Voz

A concelleira de área, Maite Ferreiro, desvelou esta mañá tres novos concertos para a edición do 2019 do San Froilán. A banda de rock Los Enemigos, o grupo indi valenciano La Habitación Roja, e a formación galega Familia Caamagno estarán las vindeiras festas patronais ofrecendo concertos gratuitos.

O 5 de outubro, na Praza da Horta do Seminario, actuará La Habitación Roja, un grupo de pop-rock indie español que leva anos xirando por toda España. A música de Los Enemigos reservouse para o día 12, mentres Familia Caamagno levará o seu rock con selo galego o día 4 á Horta do Seminario. «Defendemos unha gran festa para os diferentes gustos», sinalou Ferreiro na súa intervención, abundando que continúan a traballar para pechar o cartel deste ano.

A saída do PP da comisión de festas

A concelleira nacionalista valorou o anuncio do PP de que se desliga da comisión de festas deste ano ao non ver atendidas ningunha das súas demandas. Maite Ferreiro sinalou que «están no seu dereito, pero na comisión non dixeron nada, aceptaron as nosas explicacións». A concelleira abundou que foran atendidas varias das súas propostas, como a presencia de bandas de música no cartel, coa programación de cinco actuacióins, ou a atención á accesibilidade. «Imos ter unha reunión con familas de nenos e nenas autistas para recoller as súas propostas», indicou.

Respecto da insistencia dos populares en que se contratase a algún dos artistas que propoñían, como podían ser Pablo Alborán ou Joaquín Sabina, Ferreiro explicou que se trataba de concertos de pago, «se o PP os convence para que actúen en concertos gratuítos...».

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Los Enemigos, La Habitación Roja e Familia Caamagno súmanse ao cartel do San Froilán