Unha fuga de fecais afecta as naves do polígono do Ceao

A filtración procede da rede de saneamento municipal, dunha canalización que pasa entre as naves que hai entre a rúa da Industria e a rúa dos Canteiros


LUGO / LA VOZ

O concelleiro do PP en Lugo, Antonio Ameijide, denunciou hoxe a situación que viven varios empresarios do Polígono de O Ceao, que ven como entran augas fecais nas súas instalacións sen que dende o Concello de Lugo se dea unha solución a un problema «moi desagradable».

Ameijide sinala que os afectados levan varios meses pedindo ao goberno local que dea unha solución ao problema pero, polo momento, o único que conseguiron foron «escusas que non solucionan o problema» a pesar de que a fuga procede da rede de saneamento municipal. Os afectados levan varios meses sufrindo o problema, que se agravou en maio cando se produciu un colapso nesta tubaxe.

A orixe das filtracións procede dun terreo que se atopa entre as naves que teñen a fronte cara a rúa da Industria e as naves cara a rúa dos Canteiros, unha zona cunha anchura dun metro e medio polo que pasa a canalización de saneamento. Esta canalización ten unha rotura nalgún punto, polo que está a expulsar cara as naves da rúa dos Canteiros as augas fecais, o que provoca «grandes problemas» aos propietarios das devanditas naves.

O concelleiro popular insta ao goberno bipartito a tomar as medidas necesarias para arranxar esta tubaxe de saneamento e a emendar os danos ocasionados nas naves afectadas e que xeran problemas no día a día dos empresarios afectados. Incluso, mentres non se soluciona o problema, Antonio Ameijide explica que dende o goberno bipartito debería baleirar periodicamente esta tubaxe para evitar que se sigan a producir as filtracións ás naves afectadas e que os empresarios poidan seguir realizando a súa actividade comercial cos menores problemas posibles.

Neste senso, o PP presentará un rogo á comisión correspondente para instar ao goberno local a corrixir este problema e así mellorar a rede de saneamento neste punto, xa que os problemas que está a ocasionar son evidentes. «Non falamos dunha pequena filtración. É un problema grave que se pode ver incluso cunha simple ollada, sen falar do cheiro que produce, que é moi desagradable», finalizou.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha fuga de fecais afecta as naves do polígono do Ceao