Unha lucense espera 697 días e leva 431,66 euros do Concello tras caer nun paso de peóns

O PP denuncia que o Concello tarda unha media de dous anos en resolver reclamacións por responsabilidade patrimonial


LUGO / LA VOZ

O Partido Popular denuncia que as reclamacións por responsabilidade patrimonial presentadas por lucenses ante o Concello (que o goberno ten que resolver nun prazo de seis meses) se están resolvendo, no que vai do 2019, fóra de prazo. Explican que nos meses que levamos de 2019, o Concello de Lugo resolveu nove reclamacións por responsabilidade patrimonial, que se resolven nunha media de 744,11 días, moi por enriba dos seis meses marcados pola lei. Delas,catro se estimaron e cinco  se desestimaron.

Das reclamacións que se estimaron, a que máis se tardou en resolver foi unha reclamación por unha avaría na rede de saneamento na rúa Venancio Senra. Nesta ocasión, o Concello tardou 868 días en resolver unha reclamación dun lucense por filtracións de auga da rede municipal. Debido aos problemas xerados, o Concello de Lugo tivo que indemnizar a este lucense 624,89 euros.

Outra das reclamacións estimadas polo concello foi a dunha lucense que sufriu unha caída no paso de peóns que hai na confluencia da rúa Otero Pedrayo coa Avenida da Coruña. Por mor deste infortunio, esta lucense non puido exercer a súa actividade profesional polas lesións sufridas, polo que o Concello de Lugo tivo que indemnizala con 431.66 euros e tardou 697 días en resolver a reclamación. Neste caso, o problema debeuse ao mal estado de conservación que presentan as rúas da cidade, xa que esta muller tropezou cun dos moitos buratos que había neste paso de peóns.

As outras reclamacións atendidas debéronse a un golpe dunha tapa de rexistro sobre un vehículo e aos danos sufridos por outro coche debido a tarefas de desbroce,  reclamacións que se saldaron con indemnizacións de 800,89 euros e 150 euros respectivamente. Estas catro reclamacións estimadas polo Concello de Lugo tiveron un custe para as arcas municipais de 2.007,44 euros.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha lucense espera 697 días e leva 431,66 euros do Concello tras caer nun paso de peóns