Devolven restaurada unha talla dun Cristo de marfil á igrexa de San Xosé das Gándaras

ana l. cillero / m. c. LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

cedida

A reparación foi feita pola Escola Superior de Restauración

13 jul 2019 . Actualizado a las 17:01 h.

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia (ESCRBCG) devolveu á parroquia de San Xosé das Gándaras a talla de Cristo que estaba reparando.

A peza está feita en marfil de cachalote con detalles dourados e foi intervida polos alumnos de conservación e restauración de bens culturais, da especialidade de escultura, baixo a supervisión do profesor especialista Antón Pereira Abonjo.

Os estudantes realizaron o estudo histórico-artístico da peza, o análise do estado de conservación e diagnose e, finalmente, realizouse unha intervención axustada ás necesidades da peza, que xa pode ser gozada de novo polos fregueses.

A Escola é un centro oficial

A Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia é un centro oficial dependente da Xunta e o único da comunidade que imparte o Título Superior en Conservación e Restauración de Bens Culturais, equivalente ao Grao Universitario. Foi creada en 1991 e actualmente é o segundo centro máis antigo de España. Forma a profesionais e colabora en conservar o patrimonio.