Rubén Arroxo comprobou o avance das obras en Frei Plácido Rei Lemos

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

11 jul 2019 . Actualizado a las 20:06 h.

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, visitou as obras da rúa Frei Plácido Rei Lemos para comprobar o seu avance. Arroxo explicou que «estas obras puxéronse en marcha cando, durante o San Froilán do 2018, houbo que facelas con urxencia por que afectaba ás casetas do polbo e aos negocios e vivendas da zona pero quedaron sen rematar ata agora». Arroxo estivo acompañado de técnicos municipais, e o edil de infraestruturas Alexandre Penas.

Explicou que «cando en outubro de 2018 se producira o rebentón solucionouse con un bypass para asegurar o subministro de auga naquel momento e a día de hoxe as obras continuaban sen rematar».

«Imos tentar dar unha solución rápida para evitar as importantes molestias que se viñan producindo e mellorar a imaxe da zona», afirmou Arroxo que estivo acompañado do edil responsable de Infraestruturas Urbanas, Alexandre Penas.