Rematan no Carme os traballos de descontaminación e humanización

La Voz LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

CEDIDA

11 jul 2019 . Actualizado a las 20:06 h.

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e o concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, visitaron esta mañá a rúa Vicedo para ver como quedaron as obras de descontaminación do barrio do Carme, a primeira actuación que se finaliza no marco da estratexia europea DUSI Miramiñae. «É unha ledicia dobre xa que esta obra é a primeira, pero pronto virá a materialización do resto das actuacións», dixo a rexedora.

Esta execución, tal e como lembrou Méndez, recupérase esta zona moi próxima á Muralla e pola que discorre o Camiño de Santiago, que se atopaba sumamente degradada e contaminada polos vertidos das augas fecais ao Regueiro dos Hortos e ao subsolo xa que algunhas edificacións da rúa Santiago non estaban conectadas á rede xeral de saneamento. Méndez incidiu en que «cumprimos con partes dos obxectivos do DUSI xa que melloramos a calidade ambiental e do entorno urbano para revitalizar a zona do Carme, sempre de acordo co noso modelo de cidade máis ecolóxico».